Compartir a localización co teu fillo adolescente sen vixialo: unha guía para pais
Aos catorce, «quero saber onde estás» soa a cárcere. Hai outra forma de dicilo, e outra forma de facelo co móbil.

Hai unha escena que se repite en miles de casas: un pai instala unha app de localización no móbil do seu fillo de quince anos «por seguridade», o fillo desinstálaa á semana «porque me espías», e a conversa remata nun portazo. As dúas partes teñen razón. El quere saber que o seu fillo está ben; o fillo quere o que calquera persoa quere aos quince: que non o persigan. Esta guía é para facer compatible unha cousa coa outra.
Primeiro, a idade: pode ter a app?
En España, a idade de consentimento dixital é 14 anos (artigo 7 da LOPDGDD). Por debaixo, un menor non pode dar un consentimento válido para unha app que trata os seus datos, e o que corresponde é un control parental desde a conta dun adulto (Google Family Link, por exemplo). A partir dos 14, pode ter conta propia. Mi Estela segue esa regra: conta desde a idade de consentimento de cada país (14 en España, 13 en Portugal, 16 en Alemaña), e entre esa idade e os 18, un adulto do círculo autoriza as funcións sociais.
A diferenza que o cambia todo: simetría
Un adolescente acepta moito mellor compartir a súa posición se ti tamén compartes a túa. Non é un truco: é xustiza. Se a app é simétrica (o que ti ves del, el vese de ti), deixa de ser control e pasa a ser presenza. E ten un efecto secundario bonito: o teu fillo tamén sabe cando chegaches ti a casa, e ás veces é el quen che escribe «todo ben?».
Que ver e que non
Pregúntate que necesitas de verdade. Case sempre é isto: saber que chegou ao instituto, saber que chegou a casa pola noite, e poder localizalo se pasa algo. Nada diso precisa un historial de por onde pasou nin unha posición exacta as 24 horas. En Mi Estela, iso tradúcese en:
- Avisos de chegada ao instituto e a casa (gratis para tres sitios). Ti recibes «chegou» e non tes que mirar o mapa.
- Modo difuso: el pode compartir só a zona, non o punto exacto. Os menores comparten como mínimo a súa zona: non poden desaparecer de todo, pero tampouco teñen que amosar a rúa.
- Batería compartida: para que non te asustes cando se lle apaga o móbil.
- SOS: se algo pasa, un botón avisa ao círculo coa súa localización e deixa o 112 a un toque.
E o que non hai, a propósito: informes de velocidade, lectura de mensaxes, escoita do micrófono, historial que non poida apagar. Se precisas iso, non busques unha app de presenza: busca un control parental e ten a conversa que toca.
O Pacto: falalo antes de instalalo
En Mi Estela hai unha pantalla que se chama o Pacto. A familia decide xunta como quere estar presente: Conectada (saben onde estou), Tranquila (saben que estou ben) ou Silenciosa (comparto cando quero). É simétrico e renégocase nos aniversarios: aos 16 non se comparte igual que aos 14. Contámosllo como función, pero o importante é a conversa: senta con el antes de instalar nada e acordade que vai ver cada un.
Como dicirllo (sen que soe a cárcere)
- Non digas «quero saber onde estás». Di «quero deixar de escribirche “chegaches?” cada noite».
- Ofrece o mesmo a cambio: «ti tamén me ves a min».
- Dálle o control: «ti elixes se me amosas o punto exacto ou só a zona».
- Pon unha saída: «se un día non queres, apágalo e falamos».
Cando saia de noite
O modo saída existe para isto: di a que hora volve e, se non di nada, a app avisa. Ao chegar, un toque de «xa cheguei» e ti durmes. Non fai falta que lle escribas ás dúas da mañá nin que el che conteste.
O que unha app non arranxa
Unha app non substitúe a confianza, nin o 112, nin unha conversa. Se o teu fillo non quere compartir nada, instalarlle algo ás agochadas non é unha opción: decatarase, e perderás o que de verdade importa. A presenza ofrécese; a vixilancia impónse. Nós só facemos a primeira.
Hai unha páxina para o teu caso con todo o que usarás: Mi Estela para pais de adolescentes. E outra para el: para mozos.


